domingo, 28 de marzo de 2010

Cantos amigos podo ter en internet?

Pois depende do que ti entendas por amigo. Segundo o antropólogo británico Robin Dunbar, o cerebro humano non é capaz de soster máis de 150 amizades. Esta cifra, coñecida como número de Dunbar, choca con certos perfís das redes sociais que acadan miles de seguidores e que se relacionan con moitísimos deles.
O que non se discute é que as redes sociais virtuais non se parecen ás redes sociais reais polo que non se poden establecer equivalencias.

Fonte: elpais.com que recolle un artigo de The Times

En EEUU, Facebook supera a Google no número de visitas

Segundo o recollido en elpais.com, na semana do 06 ao 13 de marzo, nos EEUU a páxina da rede social facebook.com acadou un 7.07% do tráfico en Internet, mentres que a páxina do buscador google.com rexistrou un 7,03% do tráfico. Estes datos obtivéronse sen ter en conta os demais servizos que ofrece google ( videos, correo,...), pero non é a primeira vez que isto ocorre, xa que en datas puntuais como Noiteboa, Ano Novo,.. a rede social xa superara ao buscador.

Por que contar en Internet o que non contarías a un descoñecido?

A Axencia de Protección de datos da Comunidade de Madrid (APDCM) puxo en marcha esta campaña para concienciar aos xoves da importancia da privacidade nas redes sociais. Segundo o recollido no xornal elpais.com, o director da APDCM manifestou na presentación da campaña: "As redes sociais utilizanse preferentemente para compartir información cos amigos e non para invitar a descoñecidos aceptando convulsivamente solicitudes de amizade. Ás veces nas redes sociais, ofrécense determinados datos e publícanse fotografías comprometidas que non se darían na vida off-line "


sábado, 27 de marzo de 2010

Actividades tipo test para TECNOLOXÍAS

No blog do profesor Nino González-Haba están á nosa disposición estas actividades tipo test para o alumnado de 2º ESO e 3º ESO. Todas elas son autocorrexibles coa web


O noso agradecemento polo traballo realizado.

Evolución da internet

Recollo do blog de Ana Laura Rossaro, este vídeo realizado por Jesse Thomas

El estado de Internet de JESS3

Explosión das TICS

Xuventude Galicia Net 2010

Durante os días 26, 27 e 28 de marzo, celébrase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a XI edición da LANparty. Nela poderemos disfrutar de obradoiros e talleres de programación, deseño e audivisuais, así como actividades infantís, cinema de animación, concursos, zona de ocio...
Aínda estás a tempo de incribirte

viernes, 26 de marzo de 2010

Súmate á hora do planeta
Bota unha sinatura polo clima


O 27 de marzo ás 20:30h: A hora do planeta


jueves, 25 de marzo de 2010

Ferramentas do noso taller

Aparecen nesta galería ....



Fan ademais unha grande contribución ao "tetralingüismo español cordial"

O meu agradecemento aos seus autores:
Carmelo Cacabelos, Obdulia García, Paco Lado, Sindo Monteagudo

miércoles, 24 de marzo de 2010

O Blogger

tradutor galego- español e galego - portugués

O Seminario de Lingüística e Informática da Universidade de Vigo pon á nosa disposición este traductor de texto, ficheiros ou páxinas web

lunes, 22 de marzo de 2010

Titorial de Mr Wong

tutorialmrwong.

Manifesto " En defensa dos dereitos fundamentais de Internet"

Este é parte do manifesto da Asociación de internautas.
Ante a inclusión no Anteproxecto de Lei de Economía sostible de modificacións lexislativas que afectan ao libre exercicio das liberdades de expresión, información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, bloggers, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que:
02-12-2009 -

1. Os dereitos de autor non poden situarse por encima dos dereitos fundamentais dos cidadáns, como o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xudicial efectiva e á liberdade de expresión.

2. A suspensión de dereitos fundamentais é e debe seguir sendo competencia exclusiva do poder xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, en contra do establecido no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun órgano non xudicial -un organismo dependente do ministerio de Cultura-, a potestade de impedir aos cidadáns españois o acceso a calquera páxina web.

3. A nova lexislación creará inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, prexudicando un dos poucos campos de desenvolvemento e futuro da nosa economía, entorpecendo a creación de empresas, introducindo trabas á libre competencia e retardando a súa proxección internacional.

...

Son un total de 10 puntos; Unámonos ao manifesto copiándoo na nosa web!!!