jueves, 27 de marzo de 2014

Coruña Sostible: actividades de educación ambiental

O alumnado do 2º e 3º da ESO asistimos durante o mes de marzo a unha actividade de educación ambiental, organizada pola área de Medio Ambiente do Concello de A Coruña.
As actividades pertencen aos programas " Enerxía que move a miña cidade "  e " Residuos urbanos en A Coruña "; estes programas constan dun audiovisual, un taller e unha saída dentro do Concello de A Coruña.
Os grupos de 3º ESO participamos o 06 de marzo en " Enerxía que move a cidade": logo de ver un audiovisual sobre as diferentes fontes de enerxía, especialmente as renovables,  visitamos o antigo vertedoiro de Bens - hoxe convertido nun parque- no que se aproveita o gas da  case esgotada fermentación do lixo para queimalo e obter electricidade.


 
Os de 2º de ESO, tivemos un taller e un audiovisual, no que se nos fixo saber a importancia de clasificar os diferentes residuos que xeramos no fogar, acertando co contedor ou o lugar onde os debemos depositar. Seguimos a cadea do proceso de separación e tratamento do lixo nos concellos de A Coruña e área metropolitana, visitando a planta de tratamento de Nostián o pasado 19 de marzo.

Grazas aos nosos monitores: Alba, Damián e Manuel pola súa paciencia.
 
Fagamos de Coruña un lugar sostible!!!!