lunes, 24 de junio de 2013

Para os que teñen que presentarse en setembro...

O alumnado da materia de Tecnoloxía que non acade os obxectivos mínimos en xuño, deberá realizar en setembro un exame final con cuestións sobre tódolos bloques temáticos abordados durante o curso.
Ademais e de maneira VOLUNTARIA, poderá resolver e entregar unhas fichas con actividades propostas polo Departamento. De facer esta entrega, a nota final de setembro calcularase como a suma ponderada do exame (70% da nota final) e as fichas voluntarias (30% da nota final). De non entregarse as fichas voluntarias só se terá en conta a nota do exame.
Tanto as fichas como o exame serán avaliadas sobre10 puntos.
Se a nota do exame é inferior a 4 puntos, a cualificación da avaliación extraordinaria será como máximo de 4 puntos con independencia da entrega das fichas.
A non presentación ao exame implica que o alumno/a figurará na acta de setembro con NON PRESENTADO, con independencia da entrega de calquera outro traballo.

Se queredes entregar as fichas, podedes mercalas na fotocopiadora do IES Elviña ou descargalas de aquí:


domingo, 2 de junio de 2013

Un momento na ciencia...

O noso compañeiro Carlos Silva editou este vídeo do alumnado do IES ELviña con motivo da súa participación no " Día da Ciencia na Rúa 2013" Grazas

Motor eléctrico simple

Xa que o alumnado de 3º ESO se decantou na súa maioría por facer motores eléctricos, achégovos o vídeo do profesor de tecnoloxía Antonio Lomba, no que explica como se constrúe