Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2014

Visita ao II Encontro solar da UDC

Os alumnos do IES Elviña, José Lema, Iván Fernández, Andrés Paredes e Carlos Sanjurjo asistimos hoxe pola tarde ao II Encontro solar da UDC.

Alí o profesor do CIFP de Someso, Juan Bello deunos unha explicación de como podíamos recoller a enerxía radiante do sol, e aplicala a cociñas e fornos solares.
Dende o punto de vista tecnolóxico, mostrounos como fabricar  fornos solares por 3 euros: so precisas unha caixa de cartón , un plástico transparente e papel de aluminio.
Vimos tamén na mostra, varios modelos de cociñas solares comerciais.
O diario A Opinión, recolle a información do evento. Nós deixamos aquí estas fotos:



jueves, 27 de marzo de 2014

Coruña Sostible: actividades de educación ambiental

O alumnado do 2º e 3º da ESO asistimos durante o mes de marzo a unha actividade de educación ambiental, organizada pola área de Medio Ambiente do Concello de A Coruña.
As actividades pertencen aos programas " Enerxía que move a miña cidade "  e " Residuos urbanos en A Coruña "; estes programas constan dun audiovisual, un taller e unha saída dentro do Concello de A Coruña.
Os grupos de 3º ESO participamos o 06 de marzo en " Enerxía que move a cidade": logo de ver un audiovisual sobre as diferentes fontes de enerxía, especialmente as renovables,  visitamos o antigo vertedoiro de Bens - hoxe convertido nun parque- no que se aproveita o gas da  case esgotada fermentación do lixo para queimalo e obter electricidade.


 
Os de 2º de ESO, tivemos un taller e un audiovisual, no que se nos fixo saber a importancia de clasificar os diferentes residuos que xeramos no fogar, acertando co contedor ou o lugar onde os debemos depositar. Seguimos a cadea do proceso de separación e tratamento do lixo nos concellos de A Coruña e área metropolitana, visitando a planta de tratamento de Nostián o pasado 19 de marzo.

Grazas aos nosos monitores: Alba, Damián e Manuel pola súa paciencia.
 
Fagamos de Coruña un lugar sostible!!!!  


sábado, 23 de marzo de 2013

Hora do planeta 2013

lunes, 14 de noviembre de 2011

2018: Fin das bolsas de polietileno en España

Segundo un documento do ano 2009 publicado polo Ministerio de Medio Ambiente, cada español consume unha media de 300 bolsas de plástico e 47 bolsas de papel/ cartón ao ano.
En total, as bolsas de plástico xeran 98800 toneladas de lixo en España das que so se reciclan o 15%.
Para evitar este problema está prevista a súa prohibición no ano 2018. Ata daquela podemos aplicar medidas de redución, reutilización e reciclaxe. 
O seguinte vídeo do programa de TVE " El escarabajo verde"  propón unha serie de medidas para o tratamento deste residuo.

jueves, 13 de enero de 2011

Quedácheste obsoleto?

O seguinte documental relaciona o consumo masivo dos produtos coa súa "obsolescencia programada"; pero podemos sacar outra conclusión: grazas á duración limitada de moitos aparellos  producíronse avances nas técnicas de deseño e fabricación dos mesmos, é dicir, mellorou a tecnoloxía.

viernes, 9 de abril de 2010

Demostra o que reciclas na túa casa

Con este xogo probaremos os nosos coñecementos sobre a reciclaxe do refugallo que xeramos na nosa casa!

Fonte: ecoembes

jueves, 8 de abril de 2010

Axilidade mental e reciclaxe

Superado o xogo sobre a reciclaxe na nosa casa, podemos seguir a sumar puntos con esta nova proposta de ecoembes.com

viernes, 26 de marzo de 2010

Súmate á hora do planeta
Bota unha sinatura polo clima


O 27 de marzo ás 20:30h: A hora do planeta